OUTONO CULTURAL 2023 | TEATRO | ELISARDO DE LA CRUZ - ESAS COUSAS MARABILLOSAS
Elisardo de la Cruz García presenta en Brión o monólogo "Esas cousas marabillosas"
Xénero: Comedia dramática | Público adulto.
Autor: Duncan MacMillan | Dirección e tradución: Avelino González | Intérprete: Elisardo de la Cruz
Data: venres, 27 de outubro
Hora: 20:30 h.
Lugar: Centro Social Polivalente
SINOPSE:
“Esas cousas marabillosas” esgotou as entradas durante tres anos consecutivos no Festival de Edimburgo e logo foi representado en Londres, Nova Iork, Bruxelas, San Xoán de Puerto Rico, Maryland, Oregon, Canadá, … Máis de 25.000 espectadores viron xa esta peza en España esgotando as entradas en Madrid e Barcelona.
“Esas cousas marabillosas” comeza cando o público vai entrando na sala e é recibido polo actor. Dálles a benvida, axúdaos a se acomodar, e dálles un papeliño que vai xogar no espectáculo. Cando empeza o espectáculo, o público xa leva un cacho dentro del sen sabelo e algúns cun papeliño na man.
Cóntase unha historia de case tres décadas que comeza cando… mamá está no hospital:
«Fixo unha parvada”, di papá, porque: “resúltalle difícil ser feliz”.
Esta primeira tentativa de suicidio de mamá fai que o fillo (o protagonista), de sete anos daquela, comece a facer unha lista de todo o que é marabilloso no mundo. Todo polo que vale a pena vivir.
Entrada de balde ata completar a capacidade do local. É preciso reservar entrada na Billeteira do Concello de Brión.
Actividade organizada co patrocinio do programa Rede Cultural da Deputación da Coruña