11-10-2024
     
20:00 h.
Centro Social Polivalente de Brión

HOMENAXE A CARLOS BRANDÃO

En 1993 visitou Brión o antropólogo brasileiro Carlos Rodrigues Brandão, deixando entre a veciñanza unha profunda pegada que aínda hoxe perdura na memoria dos brioneses e das brionesas que conviviron con el e partillaron experiencias na súa viaxe de descubrimento por terras de Ons e Negreira.

Trinta e un anos despois, o Concello de Brión quere render homenaxe á memoria e ao legado académico do profesor Brandão, falecido a mediados de 2023, a través dunha xornada moi especial.

Data: venres, 11 de outubro de 2024
Hora: 20:00 h.
Lugar de celebración: Centro Social Polivalente (Pedrouzos, Brión)

Programa:

  • Conferencia:  “A pegada de Brandão en Brión” por Amancio Liñares Giraut
  • Conferencia: “Carlos Rodrigues Brandão. A Partilha da Vida” por Ivan Vilela
  • Concerto homenaxe: Mat[R]iz.  Ivan Vilela, viola brasileira & Pablo Castaño, saxo
  • Inauguración da exposición: “Brandão 1993: Brión a ollo de antropólogo”

Acto conducido por Luciano Pena Andrade.

Entrada libre ata completar a capacidade do local.

Tipo de Actividad
Fecha Fin
2024-10-11