Para tal efecto o Concello de Brión recibiu unha axuda por importe de 34.135,36 € equivalente a un 100% de axuda respecto do orzamento aceptado.
Veñen de rematar as obras de mellora no camiño de Espiñeiros a Goiáns que consistiron na limpeza de gabias a ambas marxes e a resposición do paquete de firme con quince centímetros de zahora en toda a súa superficie de 2000m. de lonxitude por 4m de ancho. Tamén se colocou unha sinal de Stop na saída do camiño.
Esta obra foi realizada pola empresa Excavaciones Agra Castro Sl. con cargo ao Plan de Mellora de Camiños Municipais de acceso a parcelas agricolas 2024-2025 da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural da Consellería de Medio Rural da Xunta de Galicia cofinanciado co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) ao abeiro do Programa de Desenvolvemento Rural (PDR) 2014-2020.