O alcalde de Brión, Pablo Lago, achegouse un ano máis ás escolas do municipio para entregar os premios do tradicional Concurso de Tarxetas de Nadal, un certame destinado á poboación escolar brionesa de Infantil e Primaria do CEIP de Pedrouzos, a EEI de Os Ánxeles e a EEI de Sabaxáns (Bastavales). As crianzas galardoadas recibiron vales de 30, 25 e 20 euros intercambiables por libros, xogos ou material escolar.
RELACIÓN DE ALUMNADO GAÑADOR DOS PREMIOS TARXETAS NADAL 2024
EEI SABAXÁNS
1º Adrián Faier Folgar (5 anos)
2º David Pérez Castro (4 anos)
3º Edu Souto (4 anos)
EEI OS ÁNXELES
1º Bruno Seage Picallo (4 anos)
2º Maia Bóveda
3º Martín García Casal (4 anos)
CEIP PEDROUZOS
INFANTIL
1º Nicolás Álvarez (6ºB)
2º Ian Mancebo Fontenla (4ºB)
3º Alma Lemos Alló (5º)
PRIMEIRO CICLO
1º Adrián Forján (1ºB)
2º Carme Mosquera Nieto (1ºC)
3º Adriana Lago (2ºB)
SEGUNDO CICLO
1º Emma Lorenzo Vázquez (3ºC)
2º Noa Barge Santamaría (4ºC)
3º Lino Rodriguez Vilariño (3ºB)
TERCEIRO CICLO
1º Hugo Berdullas Suárez (6ºC)
2º Brais Figueiras Collazo (6ºC)
3º Carla García Salgado (5ºD)
Os Bolechas ensínannos como funciona o refuxio de Bando
Aproveitando esta ocasión tal especial, o alcalde tamén fixo entrega ás bibliotecas escolares dos centros de Educación Infantil e Primaria duns lotes do libro-guía de Os Bolechas “O refuxio de Bando”. Unha obra publicada pola editorial Bolanda en colaboración co Refuxio de Bando e patrocinada polos concellos de Santiago, Teo, Vedra, Touro, Brión, Boqueixón, Trazo, Dodro, Padrón e Val do Dubra.
Un libro que, a través das divertidas aventuras desta familia, promove o benestar animal, rexeitando o abandono e informando sobre as formas de adopción responsable, os coidados dos animais, as tarefas de socialización e a información de coidado de cans e gatos da protectora. Ademais, tamén difunde outras opcións para colaborar co refuxio como a acollida, o apadriñamento ou os labores de voluntariado na entidade.
Con esta iniciativa, o Concello de Brión pon a disposicións dos centros de ensino un material con contido didáctico e informativo, destinado ás/aos lectoras/res máis novos.