DÍA DE ROSALÍA, 23 DE FEBREIRO
Para conmemorar o 23 de febreiro, Día de Rosalía, o Concello de Brión convida a toda a cidadanía a participar na programación especial de actividades para homenaxear a nosa autora máis senlleira, especialmente vinculada ao noso concello a través de Bastavales.
Do 17 de febreiro ao 7 de marzo
Traxes tradicionais de Galicia e o falseamento histórico na folclorización: Exposición didáctica
Mostra investigada e realizada por M. Susana Peleteiro Fernández.
Na casa da cultura de brión (sala exposicións).
Horario de visita:
10:00 a 14:00 h. | 16:30 a 18:30 h. De luns a venres
Inauguración o xoves 20 de febreiro ás 19:30 h.
Sábado 22 de febreiro
Brión, unha historia que contar: Ao son das campás de Rosalía con Esperanza Mara
Unha experiencia musical e artística con ofrenda a Rosalía de Castro.
Esperanza irá tocando diferentes campás ao tempo que canta anacos de poemas de Rosalía. Haberá lecturas, narracións e dinámicas participativas para celebrar xuntas/os o Día de Rosalía en Bastavales.
Na igrexa de san Xiao de Bastavales
Actividade de balde | sen inscrición previa
Domingo 23 de febreiro
Caldo de Gloria
Homenaxe a Rosalía degustando un petisco do tradicional caldo galego.
En diferentes establecementos hostaleiros colaboradores de Brión.
Café con Verso
Toma un café acompañado dun poema de Rosalía.
En diferentes establecementos hostaleiros colaboradores de Brión.