INTRODUCIÓN Á ESCRITA CREATIVA CON GISELE MATO
Baixo a denominación “Introdución á escrita creativa”, a BPM de Brión vai organizar unha actividade que ofrecerá un espazo de aprendizaxe e experimentación no que as persoas interesadas en escribir poden mellorar as súas habilidades, compartir e recibir comentarios das súas creacións literarias.
DATA: venres, 21 de marzo
HORA: 20:00 h. (duración aprox. 90 min.)
LUGAR DE CELEBRACIÓN: Sala Municipal de Exposicións (Casa da Cultura de Brión)
O obradoiro será impartido por Gisele Mato, psicóloga e escritora, que comezou a escribir dende moi nova, acadando coa súa obra recoñecementos como o Premio de Poesía Pérez Parallé en 2022 ou o Premio Manuel Lueiro Rey de Poesía en 2024.
Actividade de balde. Inscrición previa a través deste formulario
Máis información no Blog da biblioteca