Andaina contra a violencia polas Terras de Compostela

Andaina contra a violencia
O Concello de Brión uniuse á campaña "O rural contra a violencia de xénero", promovida polo Agadar en colaboración coa Consellería do Medio Rural, polo que os 24 GDRs de Galicia camiñaron a prol da igualdade de xénero.

Indicar que no caso de Terras de Compostela, a andaina realizouse entre a igrexa de Trasmonte, no veciño municipio de Ames, seguindo o trazado do Camiño de Santiago ata o auditorio novo de Negreira.

A comitiva que presidiu a andaina estivo encabezada pola presidenta do GDR, Guarina Rey, acompañada dun grupo de nenos e nenas. Guarina deu lectura ao manifesto tras completar a andaina na que tamén participou o alcalde Pablo Lago e a concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero. Na mesma, ademais de representantes de diferentes colectivos e asociacións que forman parte do GDR, tamén participaron os alcaldes dos municipios de Ames, A Baña, Negreira, Santa Comba, Boqueixón e Vedra.

VIDEOCONFERENCIA
Ao rematar o percorrido, e xa no auditorio da capital barcalesa, todas as persoas asistentes participaron nunha videoconferencia coa directora xeral de Agader, Inés Santé, e a secretaria xeral de Igualdade, Susana López Abella, que participaron tamén en sendas andainas na provincia de Lugo. Por último, e para repoñer forzas, puideron degustar produtos elaborados no coworking Daquí Darredor, que está situado na planta alta do Centro Comercial Monte Balado.