A LÚA VAI ENCUBERTA [APRAZADA]
APRAZAMENTO!!
O espectáculo "A LÚA VAI ENCUBERTA" que ia ser interpretada o vindeiro día 26 de Marzo de 2022 no Centro Social Polivalente ten que ser aprazada por contaxio por COVID de parte do seu elenco.
Lamentamos as molestias e moi pronto indicaremos a nova data na que poderemos gozar desta obra gañadora do "II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais", no que colabora o Concello de Brión.
A LÚA VAI ENCUBERTA é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais que xorde da unión das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante para poñer en pé un espectáculo multidisciplinar no que reflexionar arredor da identidade a través da música, o movemento, as imaxes e a palabra.
Este espectáculo, dirixido por Tito Asorey, con dramaturxia de Vanesa Sotelo e interpretado por Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey, foi estreado o pasado día 10 de Setembro no Teatro Principal de Ourense, e durante este ano 2021 estará presente nas programacións dos seguintes concellos: Verín, Villaba, Pontevedra, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Barbadás, Ourense, Betanzos, Lugo, Carral, Noia, Fene, Chantada, Sarria e Foz.
VÍDEO DA PRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO
RESERVA GRATUÍTA DE LOCALIDADES NA BILLETEIRA MUNICIPAL.