26-03-2022
     
20:00H.
CENTRO SOCIAL POLIVALENTE

A LÚA VAI ENCUBERTA [APRAZADA]

APRAZAMENTO!!

O espectáculo "A LÚA VAI ENCUBERTA" que ia ser interpretada o vindeiro día 26 de Marzo  de 2022 no Centro Social Polivalente ten que ser aprazada por contaxio por COVID de parte do seu elenco.

Lamentamos as molestias e moi pronto indicaremos a nova data na que poderemos gozar desta obra gañadora do "II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais", no que colabora o Concello de Brión.

A LÚA VAI ENCUBERTA  é a obra gañadora do II Certame Manuel María de Proxectos Teatrais que xorde da unión das compañías Incendiaria e A Quinta do Cuadrante para poñer en pé un espectáculo multidisciplinar no que reflexionar arredor da identidade a través da música, o movemento, as imaxes e a palabra.

Este espectáculo, dirixido por Tito Asorey, con dramaturxia de Vanesa Sotelo e interpretado por Melania Cruz, Davide González, Vanesa Sotelo e Tito Asorey, foi estreado o pasado día 10 de Setembro no Teatro Principal de Ourense, e durante este ano 2021 estará presente nas programacións dos seguintes concellos: Verín, Villaba, Pontevedra, San Sadurniño, Santiago de Compostela, Barbadás, Ourense, Betanzos, Lugo, Carral, Noia, Fene, Chantada, Sarria e Foz.

TEASER DO ESPECTÁCULO

TRAILER DO ESPECTÁCULO

VÍDEO DA PRESENTACIÓN DO ESPECTÁCULO

ENTREVISTA NO ZIG-ZAG DA TVG

CRÍTICA EN SERMOS GALIZA

RESERVA GRATUÍTA DE LOCALIDADES NA BILLETEIRA MUNICIPAL.

Fecha Fin
2022-03-26
Documentos