Un novo contratempo na Carballeira de Santa Minia pon en evidencia a necesidade dunha pronta actuación na mesma

Carballeira
A Carballeira ten limitado o acceso peonil a calquera persoa dende o pasado mes de maio cando se producirá o último dos incidentes.

Foi o pasado martes cando volvían a darse as voces de alerta ao caer unha gran pola dun dos carballos mais próximos as instalacións da Biblioteca Municipal. Neste caso non se tiveron que lamentar danos materiais pese a caer enriba do tellado do lavadoiro. Este episodio deixa claro de que o que afecta as arbores é a Armillaria mellea pois produciuse nun día solleiro e sen ningún tipo de vento.

A Armillaria Mellea é una enfermidade, para a que non hai cura posible, que provoca a putrefacción do sistema radicular do carballo e, en consecuencia, a morte da árbore por inanición ao non poder absorber nin a auga nin os nutrientes do chan. En ocasións, a propia árbore opta por desfacerse dunha parte das súas ramas nun intento de sobrevivir ao fungo, o que ocasiona sucesos como os desta semana pese a non ser unha xornada con vento.

Segundo palabras do alcalde: "Volveremos a reunirnos cos técnicos especializados para ver os novos pasos a dar tras este último incidente pero todo apunta a que teremos que tomar medidas drásticas coa maioría dos exemplares da Carballeira. De feito, os técnicos municipais xa teñen tramitado co servizo de patrimonio da Xunta de Galicia o permiso para levar a cabo en vindeiras datas una gran actuación na nosa benquerida Carballeira."