CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A PRESTACIÓN DE SERVIZOS BÁSICOS MUNICIPAIS, FINANCIADO POLA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA, A TRAVÉS DO PROGRAMA PEL CONCELLOS.

Por resolución da Alcaldía de data 19 de marzo de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar persoal laboral temporal para a brigada de obras destinado á execución de obras e servizos municipais, incluído na Liña 1.1 do Plan de Emprego Local. (Subvención da Deputación da Coruña, Programa PEL-Concellos ano 2024).

O prazo de presentación de instancias comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia: dende o 26/03/2024 ata o 04/04/2024.