Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (EI), Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para sufragar gastos relacionados coa escolarización, entendendo por tales a adquisición de libros de texto e material didáctico complementario.
Prazo de presentación de solicitudes: ABERTO. O prazo de presentación de solicitudes será de 20 días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación do extracto da convocatoria, a través da Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS), no Boletín Oficial da Provincia. Dende o 3 ao 30 de Novembro de 2023.
Documentos
[26/10/2023] ANEXO I - Modelo solicitude
(149.08 KB)
[26/10/2023] ANEXO III - Declaración responsable
(134.74 KB)
[02/11/2023] Extracto da convocatoria BOP Nº 209
(122.64 KB)