A Deputación da Coruña está inmersa na redacción do Plan de sostibilidade turística en destino (PSTD) para a temática de vilas termais para presentalo na convocatoria de 2023. Unha parte fundamental da redacción da candidatura consiste na diágnose do territorio (que neste caso, abrangue os concellos de Arteixo, Brión e Carballo), na que se pide que sexa participada e colaborativa.
É por iso, que pedimos a veciñanza que cubra a seguinte enquisa: https://bit.ly/3xbUOz3
Este tipo de enquisa non esixe rexistro e pode ser cuberto en calquera tipo de dispositivo, tanto ordenador como teléfono.
O prazo máximo para ser enviada remata o venres 17 de febreiro.