EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL POLAS ELECCIÓNS XERAIS DO ANO 2023

Recibiuse do Instituto Nacional de Estatística o CENSO ELECTORAL que se empregará nas próximas Eleccións Xerais do ano 2023 que terán lugar o 23 de xullo de 2023. Este censo é o pechado a 27 de febreiro de 2023.

O Censo estará exposto ó público nas oficinas municipais dende o día 5 ata o 12 de xuño (horario de 9:00h. a 14:00h) para que poida ser examinado polas persoas interesadas e presentar, no seu caso, as reclamacións correspondentes. É necesario presentar o carné de identidade, pasaporte ou permiso de conducir para realizar a consulta informática do mesmo. No caso de cidadáns da Unión Europea será válido como documento a tarxeta de residencia ou calquera dos documentos sinalados anteriormente que dispoña de fotografía. As reclamacións deberán estar asinadas polo interesado.

Ademais para calquera consulta poden chamar o teléfono de información do censo: 900 343 232

O que se fai público para xeral coñecemento e efectos.

Brión, 31 de maio de 2023

O Alcalde en funcións,
Pablo Lago Sanmartín