Concello de Brion

logotipo

Actividades

Novas

Obradoiro Emprego 24
21-11-2024

Os Concellos de Brión e Ames clausuraron esta mañá o obradoiro de emprego dual “Renova VI”, no que se formaron a 20 persoas en montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas.

25N
18-11-2024

O auditorio do centro social polivalente de Brión acolleu este mediodía o espectáculo “Expectativa vs realidade”, unha obra de Trémola Teatro para o alumnado de 1º da ESO do IES de Brión coa que deu comezo a programación especial do 25 de Novembro do Concello de Brión. Un programa que se desenvolverá ata o vindeiro 14 de decembro e que inclúe outras dúas actuacións teatrais, un obradoiro de autodefensa feminista e a tradicional lectura do manifesto institucional.

Noela
15-11-2024

A sala municipal de exposicións da Casa da Cultura de Brión acolleu a presentación do libro “Poder non é querer”, unha novela coa que a brionesa Noela Rivas Cantelar debuta como escritora da man da editorial Galaxia. Un acto organizado pola Biblioteca Municipal de Brión dentro dos seus encontros literarios e que tivo lugar na noite de onte xoves, contando coa asistencia de numerosos veciños e veciñas do municipio.

Avisos

Próximos Eventos

TEST

¡Brión en fotos!