"Fegateatro" levanta o pano en Brión

Fegateatro levanta o pano en Brión
Este outono, o mellor teatro chega a Brión da man deste ciclo de teatro amador.

"Fegateatro" vai achegar ao noso municipio unha oferta cultural sólida arredor das artes escénicas, cunha proposta xurdida da colaboración entre a Federación Galega de Teatro Afeccionado (FEGATEA), unha recoñecida institución con 20 anos de historia, e o Concello de Brión. Nela van participar grupos de teatro asociados que presentarán as súas mellores montaxes teatrais ao longo deste outono.

Unha ampla programación escénica para un outono teatral en Brión

O “Fegateatro” engloba un total de sete espectáculos teatrais,  nunha ampla programación que comeza este mes de setembro e que continuará ao longo de outubro e novembro. Nel participarán as compañías Teatro do Ar, Atrezo Teatro, Lohengrín, Teatrino, FarandOleiras Cabaré, Tiruleque e A Tequerreté teatro. Todas representarán as súas montaxes no salón do Centro Social Polivalente ás 20:30 h., salvo Lohengrín que o fará na Carballeira de Santa Minia ás 18:00 h. no transcurso das celebracións da Romaría de Santa Minia.

Setembro:

Día 17: Teatro do Ar, “Lume”. 20:30 h., Centro Social Polivalente.

Día 18: Atrezo teatro, “Que familia”. 20:30 h., Centro Social Polivalente.

Día 26: Lohengrín teatro, “A mirada das bolboretas” – Contacontos -. 18:00 h. Teatro de rúa na Carballeira de Sta. Minia

Outubro:

Día 15: Teatrino, “Lisístrata”. 20:30 h., Centro Social Polivalente.

Día 22: FarandOleiras Cabaré, “Olimpo’s”. 20:30 h., Centro Social Polivalente.

Novembro:

Día 12: Tiruleque, “A farsa do Maitre Pathelin”. 20:30 h., Centro Social Polivalente.

Día 19: A Tequerreté teatro, “Confinad@s”. 20:30 h., Centro Social Polivalente.

A asistencia aos espectáculos será de balde, con aforo limitado e reserva previa a través do correo electrónico entradasbrion@gmail.com. Para reservar as butacas, será necesario enviar unha mensaxe a este enderezo consignando o nome do/dos asistente/es, o  NIF de cada un e un teléfono de contacto.

Porque #aculturaesegura, entre todas e todos debemos respectar as medidas hixiénicas recomendadas para garantir a seguridade do serán teatral: manter a máscara correctamente colocada en todo momento, hixienizar á entrada as mans con xel hidroalcólico e permanecer sentados en cadansúa cadeira mantendo a distancia interpersoal.

Porque en outono, Brión levanta o pano do mellor teatro amador que se fai a día de hoxe en Galicia.