VI Concurso de Pintura e Debuxo Infantil-Xuvenil do Encontro coa Arte 2024

Imaxe das gañadoras e dos gañadores do VI Concurso de Debuxo e Pintura cos seus diplomas
Coñecemos ás gañadoras e aos gañadores do VI Concurso de Pintura e Debuxo Infantil-Xuvenil do Encontro coa Arte, celebrado os días 28, 29 e 30 de xuño en Brión.

O pasado 28 de xuño, no transcurso do XVII Encontro coa Arte: lembrando a Luísa Villalta, celebrouse o VI Concurso de Pintura e Debuxo Infantil e Xuvenil, destinado a crianzas de 4 a 17 anos de idade. Unha actividade organizada polo Concello de Brión destinada a promocionar as artes plásticas entre as veciñas e os veciños máis novas/os.

O certame iniciouse ás 16:30 h. e prolongouse ata as 19:30 h., celebrándose na contorna do Adro da Igrexa parroquial de Os Ánxeles, lugar escollido pola organización do Encontro para celebrar a primeira xornada de pintura do natural. Nela, as/os artistas participantes no evento trasladaron pinceis e cabaletes para realizar as primeiras obras destas xornadas de convivencia e intercambio artísticos que se prolongaron ata o domingo. Deste xeito, artistas sénior e os novos valores locais da arte puideron traballar xuntos, aprendendo os máis novos dos veteranos.

Ao rematar a xornada, foi o xurado, constituído por algunhas das pintoras e algúns dos pintores participantes no Encontro, o encargado de emitir un veredicto que non resultou doado. As persoas gañadoras recibiron o merecido recoñecemento ao serán, no acto de inauguración da Exposición da obra doada no XVI Encontro coa Arte. Foi ás 21:00 h. na Sala Municipal de Exposicións que fica na planta baixa da Casa da Cultura de Brión.

Todos eles recibiron cadanseu diploma de recoñecemento, así como vales para libros, xogos ou material escolar por valor de 50 euros (primeiros premios), 30 euros (segundos premios) e 20 euros (terceiros premios). Uns galardóns entregados polos integrantes do xurado, integrado polos artistas María Xesús Díaz, Paco Casal, José Galarzo e Xosé Vázquez Castro, en calidade de presidente, e co técnico municipal de Cultura, Alberto Álvarez, como secretario pero sen voto.

Estas son as persoas premiadas nas diferentes categorías do certame, que foron galardoadas:

CATEGORIA A (nenas e nenos de 4 a 6 anos):

Premio (Diploma e vale de 50 €): IGNACIO ORTEGA BRIZUELA

Premio (Diploma e vale de 30 €): UXÍA OROSA DIZ

Premio (Diploma e vale de 20 €): ESTEBAN ORTEGA BRIZUELA

Premio (Diploma e vale de 20 €): DANIEL MARTINEZ CAAMAÑO

 

CATEGORIA B (nenas e nenos de 7 a 10 anos):

Premio (Diploma e vale por 50 €): ALBA LÁZARO GARCÍA

Premio (Diploma e vale por 30 €): HUGO BERDULLAS SUAREZ

Premio (Diploma e vale por 20 €): IRIA OROSA DIZ

Agasallo por participar para: SANTIAGO ORTEGA BRIZUELA E TEO LAZARO GARCÍA

 

CATEGORIA C (mozas e mozos de 11 a 17 anos):

Premio (Diploma e vale por 50 €): MARÍA MACHADO VIDAL

Premio (Diploma e vale de 30 €): ANDREA PAIS CASALDOEIRO

Premio (Diploma e vale de 20 €): LUCÍA MARTÍNEZ CAAMAÑO

 

Parabéns ás persoas gañadoras e, a todas e todos, moitas grazas por participar.