29-04-2023
     
09:15 h. - 19:00 h.
Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón

Ruta “As Pegadas de Rosalía”

Os concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón convídannos a participar nunha saída pola ruta rosaliana que transcorre polos lugares máis emblemáticos da vida de Rosalía de Castro e o seu legado literario. Trátase dun itinerario que segue o trazado orixinal proposto por Avelino Abuín de Tembra na década dos noventa, actualizado polo presidente da Fundación Rosalía de Castro, Anxo Angueira, no ano 2017, e presentado na feira de turismo Fitur en colaboración con esta entidade, convertido nun proxecto turístico intermunicipal denominado “As Pegadas de Rosalía”, en xaneiro do ano 2018.

DATA: Sábado 29 de abril.

HORARIO: A actividade desenvolverase entre as 9:15 horas e as 19:00 horas, cos seguintes puntos de saída de autocares e horarios:

  • Dodro - Palacio de Lestrobe: 09:15 h

  • Padrón - Biblioteca: 09:30 h 

  • Ames O Milladoiro - Casa da Cultura: 09:45 h 

  • Brión - Carballeira de Sta. Minia: 09:45 h 

  • Ames Bertamiráns - Pazo da Peregrina: 10:00 h 

ITINERARIO: Durante o percorrido visitaranse os lugares pertencentes ao territorio destes concellos que marcaron a vida e a obra da nosa autora máis universal.
- A ruta comezará no Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, continuando ata a Tarroeira, na parroquia de Ortoño, ambos no Concello de Ames.
- A seguinte parada terá lugar no Concello de Brión, e recalará na igrexa de Bastavales, cuxas campás protagonizan un dos seus versos máis afamados e soarán para o deleite das persoas participantes.
-
Cara a hora do almorzo está prevista a chegada a vila de Padrón onde se dispoñerá de tempo libre para descansar e comer (a comida non está incluída).
- Xa pola tarde proseguirase o itinerario previsto
polos concellos de Dodro e Padrón, visitando as Torres de Hermida, o Espolón e a casa onde Rosalía viviu con súa nai para finalizar na Casa Museo onde faleceu o día 15 de xullo do ano 1885.

INSCRICIÓN: Ata o 25 de abril, de balde, na web: www.padronturismo.gal/inscricions

Inscrición aberta dende as 12:00 h. do 17 de abril de 2023

Fecha Fin
2023-04-29
Documentos