De seguido, publícanse as listaxes de admisións na adxudicación de prazas das actividades de conciliación para o verán 2024 do Concello de Brión.
Por esta alcaldía con data 31 de marzo de 2023 ditouse resolución de aprobación das bases e a convocatoria de concurso-oposición para a praza de arquitecto/a incluída na oferta de emprego público do Concello de Brión do ano 2022.
O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. (Dende o 12 de xuño ao 7 de xullo de 2023)
Esta convocatoria ten por obxecto a concesión de axudas económicas ás familias do alumnado de segundo ciclo de Educación Infantil (EI), Educación Primaria (EP) e Educación Secundaria Obrigatoria (ESO), para sufragar gastos relacionados coa escolarización, entendendo por tales a adquisición de libros de texto e material didáctico complementario.
O punto limpo móbil, que leva a recollida selectiva a todas as aldeas do municipio, ten 8 compartimentos para a recollida de: papel/cartón, pequenos electrodomésticos, aceites usados (aceite doméstico usado e embotellado), envases de plástico/latas/bricks, lámpadas/fluorescentes, envases de vidro, pilas/baterías e roupa.
Por resolución da Alcaldía de data 19 de marzo de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar persoal laboral temporal para a brigada de obras destinado á execución de obras e servizos municipais, incluído na Liña 1.1 do Plan de Emprego Local. (Subvención da Deputación da Coruña, Programa PEL-Concellos ano 2024).
O prazo de presentación de instancias comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia: dende o 26/03/2024 ata o 04/04/2024.
Recibiuse do Instituto Nacional de Estatística o CENSO ELECTORAL que se empregará nas próximas Eleccións Europeas do ano 2024 que terán lugar o 9 de xuño de 2024. Este censo é o pechado a 30 de xaneiro de 2024.
Listaxes de persoas admitidas e excluídas para a cobertura de prazas nas actividades de CONCILIA PASCUA 24
O departamento de Cultura e Deportes vén de abrir un novo prazo de inscrición nas Escolas Culturais e Deportivas municipais. Co remate do primeiro cuadrimestre en xaneiro quedan algunhas prazas libres, co cal as persoas interesadas teñen a posibilidade de inscribirse nalgunha destas prazas. Deste xeito, poden formalizar a matrícula todas aquelas persoas que non o fixeron na quenda anterior.