Quedan suxeitos ao réxime de intervención municipal de comunicación previa os actos de uso do solo e do subsolo non suxeitos a licenza (están suxeitos a licenza os actos que requiren proxecto de edificación e outros supostos) e, en todo caso, os que así se establezan nas leis. O promotor dos actos de uso do solo e do subsolo comunicará ao concello a intención de levar a cabo o acto cunha antelación mínima de quince días hábiles ao da data en que pretenda comezar a súa execución.
Con carácter xeral, transcorrido o prazo de quince días hábiles sinalado, a presentación da comunicación previa cumprindo con todos os requisitos esixidos constitúe título habilitante para o inicio dos actos de uso do solo e do subsolo suxeitos a ela, sen prexuízo das posteriores facultades de comprobación, control e inspección por parte do concello.
(Art. 142.3 e 146 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia).

Calquera persoa física que desexe comunicar o inicio dunha obra.
Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende está páxina ou acudir ao rexistro do Concello, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.
 

NOTA:  A documentación técnica tramitada a través da plataforma de traballos profesionais do COAG ou outros colexios profesionais non terá que ser achegada; só se terá que indicar na instancia o código correspondente.

  • Comunicación Previa de Obra.
  • En caso de actuar en representación, copia dos documentos de identidade do representante e o solicitante, coa autorización escrita dese último ou copia do poder para representalo.
  • Descrición suficiente das características do acto de que se trate cun esbozo ou descrición gráfica.
  • No seu caso, proxecto técnico esixible legalmente e declaración do/a técnico/a ou os/as técnicos/as facultativos/as que autoricen o proxecto de que este cumpre en todos os seus extremos coa ordenación urbanística de aplicación.
  • Orzamento detallado.
  • Fotografías de estado actual (previo á realización da obra) en caso de obras de reparación.
  • Copia das restantes autorizacións e, no seu caso, concesións administrativas cando fosen legalmente esixibles ao solicitante, ou acreditación de haberse solicitado o seu outorgamento.
  • Documento de avaliación ambiental, si é o caso.
  • Copia da autorización ou ditame ambiental, así como das restantes autorizacións, concesións ou informes sectoriais cando fosen legalmente esixibles.
  • Xustificante de pago dos tributos municipais.

Nome: Comunicación Previa de Obra.
Unidade tramitadora: Urbanismo.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica
Carácter silencio administrativo: Silencio positivo.
Taxas/impostos: Consultar as ordenanzas fiscais do apartado de normativa.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite) y Presencial.