Cornanda

PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE CORNANDA

ALDEAS:
Alfonsín, Busto de Frades, Cornanda, A Graña, Vilariño.

CODIGO POSTAL: 15285

EXTENSIÓN: 9,8 km cadrados

XEOGRAFÍA:
Punto máis alto: Alto do Queixal (519 metros)
Punto máis baixo: Río Tambre (50 metros)

VALE A PENA VER:
Igrexa parroquial de Santa María de Cornanda (S. XVII)
Cruceiro de A Graña
Busto de Frades (dende aquí pode verse a Ría de Noia)
Encoro Barrié de la Maza (Vilariño)

A HISTORIA:
Na Idade Media Cornanda estaba comprendida na "terra de Luaña". Dende a creación do Mosteiro de San Xusto de Toxosoutos no século XII, esta parroquia correu sempre vinculada a este cenobio, de feito aquí tiñan os frades unha granxa que logo deu nome á aldea de A Graña.

No ano 1954 rematouse o encoro Barrié de la Maza sobre o Tambre, entre as aldeas de A Graña e Vilariño, o primeiro encoro de grandes dimensións que se construíu en Galicia.

PARROQUIA DE SANTA MARÍA DE CORNANDA