Un coche que foi entregado polo alcalde, Pablo Lago Sanmartín, e o terceiro tenente de alcalde, José Antonio Vidal González, ao xefe da Policía Local brionesa, Marcos Delgado.
O alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, vén de formalizar ante notario a adquisición de catro parcelas no lugar de Liñares que serán destinadas á construción de vivenda protexida e libre. “Trátase dun día histórico para Brión, pois será a primeira vez que se promova a construción de vivenda protexida neste municipio”, asegurou Pablo Lago tras o acto de firma do acordo celebrado nunha notaría de Santiago.
A sala municipal de exposicións de Brión encheuse de solidariedade e esperanza durante o acto de inauguración dunha exposición solidaria con José Galarzo e María Carmen Martínez, dous grandes artistas que perderon o seu obradoiro en Paiporta (Valencia) como consecuencia da DINA do pasado mes de novembro.