Concello de Brion

logotipo

Actividades

Noticias

Cabo Verde
23-08-2024

As dúas traballadoras municipais de Brión e Nigrán que ao longo deste mes achegaron a súa asistencia técnica en Cabo Verde culminan esta semana a súa experiencia no programa Especialistas en Cooperar, impulsado polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e financiado pola Agencia Española de Cooperación Internacional al Desarrollo.

Visita Coworking
09-08-2024

A deputada de Mar e Medio Rural, Cristina Capelán Cancelo, visitou esta mañá a asociación Maisdetres e o coworkgin “Transformando en Brión”, dentro da súa rolda de encontros coas entidades rurais da provincia. Unha visita na que estivo acompañada polo alcalde de Brión, Pablo Lago Sanmartín, a responsable da asociación e técnica coordinadora do coworking brionés, Carmen Freire; e as concelleiras brionesas Guarina Rey, Sandy Cebral e Rosa Romero.

Saharauis 2024
09-08-2024

O Concello de Brión, en colaboración coa organización Solidariedade Galega co Pobo Saharauí, volve repetir este programa co que levan colaborando dende 2005, acollendo a nenos saharauís. O Concello ofrécelles ás familias todo o apoio e a súa colaboración, cunha aportación municipal de 2.670€, a fin de que os nenos estean ben e disfruten.

Avisos

Próximos Eventos

TEST

¡Brión en fotos!