CREACIÓN DUNHA BOLSA DE TRABALLO DE PRAZAS DE PERSOAL PARA O GRUPO DE EMERXENCIAS SUPRAMUNICIPAL DO CONCELLO DE BRIÓN (PEÓN GES)
Por resolución da Alcaldía de data 20 de marzo de 2024, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar persoal laboral temporal para postos de peóns do Grupo de Emerxencias Supramunicipal do Concello.
O prazo de presentación de instancias comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia: dende o 26/03/2024 ata o 03/04/2024.