González Formoso reuniuse cos alcaldes de Brión e Negreira para buscar solucións ás limitacións do viaduto, que non permite circular nos dous sentidos e ten unha limitación de peso de 16 toneladas
A estrea será este sábado, 26 de marzo, ás 19.00 horas, no auditorio de Bertamiráns. Trátase dun espectáculo musical e solidario que pretende visibilizar desde a música e a arte a enfermidade de Dent, unha doenza minoritaria que afecta gravemente os riles
O conflito entre Rusia e Ucraína está deixando un regueiro de persoas refuxiadas con numerosas necesidades. A onda de solidariedade non deixa de medrar e nela están involucradas institucións, asociacións, entidades sen ánimo de lucro, empresas e poboación