A Comisión de Seguimento creada na asemblea do 17 de febreiro presentou onte o resultado do seu traballo aos veciños e veciñas, que agora adaptarán as distintas alegacións á súa casuística persoal.
A plantación da figueira de Rosalía na contorna do adro da igrexa parroquial de Bastavales e a actividade lúdico-cultural “Brión, unha historia que contar” puxeron colofón á programación especial conmemorativa do 23 de febreiro, Día de Rosalía.
O Concello de Brión e os veciños e veciñas de Cornanda acordaron na tarde/noite de onte xoves conformar unha fronte común para opoñerse á concesión da central hidráulica reversible do Tambre que tramita nestes momentos Augas de Galicia.