PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR PERSOAL LABORAL FIXO, DUNHA (1) PRAZA DE OFICIAL IV-PEÓN CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019.
PROCESO SELECTIVO PARA A PROVISIÓN, POR PERSOAL LABORAL FIXO, DUNHA (1) PRAZA DE OFICIAL IV-PEÓN CORRESPONDENTE Á OFERTA DE EMPREGO PÚBLICO 2019.
Acordo do 19 de xuño de 2023 da Xefatura Territorial da Coruña, de levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica, nos concellos de Rois, Brión, Teo e Padrón (expediente IN407A 2010/268-1).
Despois da realización do sorteo, que se celebrou na tarde do xoves 27 de xuño, procédese coa publicación das listaxes de persoas admitidas e en reserva na actividade Campamentos de Verán 2023, nas súas modalidades Infantil e Xuvenil.
As persoas admitidas que desexen darse de baixa, poden facelo antes do vindeiro VENRES, 30 DE XUÑO.
Por resolución desta Alcaldía de data 5 de abril de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar persoal laboral temporal para a brigada de obras (tres albaneis e dous peóns) destinado á execución de obras e servizos municipais, incluído na Liña 1.1 do Plan de Emprego Local. (Subvención da Deputación da Coruña, Programa PEL-Concellos ano 2023).
En cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia, e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, comunicámoslle as operacións de xestión de biomasa que UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDADE S.A. vai realizar finalmente neste Concello.
Listaxes de persoas admitidas para sorteo na actividade Campamentos de Verán 2023, nas súas modalidades Infantil e Xuvenil. Ao superar a demanda o número de prazas dispoñibles (60 en cada modalidade), será preciso realizar un sorteo para a asignación das mesmas entre as persoas inscritas na actividade.
Listaxes de persoas admitidas nas actividades Ludoverán (crianzas nadas entre 2018 e 2020) e Concilia Verán (crianzas nadas entre 2011 e 2017) do ano 2023.
Asemade, lembramos que a actividade Ludoverán ‘23 celebrarase nas instalacións da ESMU Magariños e Concilia Verán ‘23 no Pavillón Polideportivo Municipal de Brión.
Recibiuse do Instituto Nacional de Estatística o CENSO ELECTORAL que se empregará nas próximas Eleccións Xerais do ano 2023 que terán lugar o 23 de xullo de 2023. Este censo é o pechado a 27 de febreiro de 2023.