Acordo da Xefatura Territorial da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude da declaración de utilidade pública, en concreto, a necesidade de urxente ocupación que iso implica, do proxecto da Solución de evacuación conxunta dos parques eólicos Maragouto e Banzas nos Concellos de Mazaricos, Brión, Lousame, Negreira, Outes, e Rois (A Coruña), (exp. IN408A 2020/144).
É obxecto desta convocatoria a selección, polo procedemento de concurso, dun/a arquitecto/a, encadrado na escala de administración especial, subescala técnica, pertencente ao grupo A, subgrupo A-1, cun nivel de complemento de destino 26, a xornada completa, de conformidade co disposto no art. 10.1.a) do Real Decreto Lexislativo 5/2015, do 30 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei do estatuto básico do empregado público, pola existencia de praza vacante ao non ser posible a súa cobertura por funcionario de carreira, por un prazo máximo de tres anos.
Adxuntanse planos correspondentes ao trazado das liñas onde se van realizar labouras de xestión de biomasa para que se publiquen no tablón de edictos do Concello e a efectos de que os propietarios dos terreos, si é do seu interese, poidan executalas previamente.
A empresa concesionaria informa do seguinte AVISO DE CORTE
Debido aos traballos de reparación na rede de abastecemento de auga potable o vindeiro martes día 22/03/2022 entre as 15:00 e as19:00horas procederase ao corte de subministro na URBANIZACIÓN MONTE DEVESA
A rede considerarase en presión a todos os efectos por se os traballos rematasen antes da hora prevista.
Rogamos desculpen as molestias que se poidan ocasionar.
Telefono de emerxencias 639 671 172
Convocatoria da praza de técnico de administración local incluída na OEP de 2019.
Lista definitiva de nenas/os admitidas/os e non admitidas/os na Escola Infantil Municipal correspondente á comisión extraordinaria de decembro.
En cumprimento da Lei 12/2012 de montes de Galicia e conforme ao indicado na súa disposición final primeira, pola que se modifica a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, a empresa UFD DISTRIBUCIÓN ELECTRICIDAD S.A. do grupo NATURGY comunica que procederá a realizar operacións de xestión da biomasa que afectarán ás fincas sobre as que pasan liñas eléctricas que atravesan o Concello de Brión.
Listas provisionais de nenas/os admitidas/os e non admitidas/os na Escola Infantil Municipal correspondentes á convocatoria extraordinaria de decembro.