Xunta e Concello de Brión investirán 605.000 € na mellora da AC-543 para eliminar un punto de concentración de accidentes e converter a antiga estrada a Noia nunha rúa máis do municipio
A Xunta e o Concello de Brión colaborarán na mellora da AC-543 para eliminar un punto de concentración de accidentes e converter a estrada nunha rúa, cun investimento de 605.000 euros.