OBRADOIRO DUAL DE EMPREGO RENOVA VII
Os Concellos de Brión e Ames poñen en marcha unha nova edición do obradoiro de emprego Renova. Os obradoiros duais de emprego son programas públicos de formación e emprego nos que os traballadores/as desempregados/as participantes reciben cualificación profesional ao mesmo tempo que desenvolven un traballo produtivo en actividades de utilidade pública ou interese social.