O sábado 11 de marzo as escolas Municipais de Música e Danza Tradicionais presentaron o seu Festival de Primavera 2023. Un evento para compartir coa veciñanza o bo facer dunhas das actividades formativas máis senlleiras e con maior participación.
A Comisión de Seguimento creada na asemblea do 17 de febreiro presentou onte o resultado do seu traballo aos veciños e veciñas, que agora adaptarán as distintas alegacións á súa casuística persoal.
A plantación da figueira de Rosalía na contorna do adro da igrexa parroquial de Bastavales e a actividade lúdico-cultural “Brión, unha historia que contar” puxeron colofón á programación especial conmemorativa do 23 de febreiro, Día de Rosalía.