Foi o pasado martes cando volvían a darse as voces de alerta ao caer unha gran pola dun dos carballos mais próximos as instalacións da Biblioteca Municipal. Neste caso non se tiveron que lamentar danos materiais pese a caer enriba do tellado do lavadoiro. Este episodio deixa claro de que o que afecta as arbores é a Armillaria mellea pois produciuse nun día solleiro e sen ningún tipo de vento.
A Deputación da Coruña convoca tódolos anos esta subvención co obxecto de contribuír á difusión e á promoción da música, do folclore, do teatro, da danza, do cine e das demais manifestacións artísticas na provincia, por medio do coñecemento das actividades que se están a producir neste ámbito e do seu achegamento aos concellos, e fomentando ao tempo o uso e normalización social da lingua galega e a defensa dos valores da igualdade de xénero.
O Concello de Brión participa un ano máis no Delas Fest, o primeiro festival de arte urbana con perspectiva de xénero de Europa que este ano cumpre a súa sexta edición.