09:15 h. - 19:00 h.  -  Concellos de Ames, Brión, Dodro e Padrón
Os con

CONTRATACIÓN DE PERSOAL LABORAL TEMPORAL PARA A BRIGADA DE OBRAS: ENCARGADO DE SECCIÓN (VÍAS)

Por resolución desta Alcaldía de data 10 de abril de 2023, aprobáronse as bases e a convocatoria do proceso selectivo para contratar o seguinte persoal laboral temporal: Encargado de Sección (Vías), para a brigada de obras e servizos municipais do Concello, para cubrir baixa por ILT.

O prazo de presentación de instancias será de cinco (5) días naturais e comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial da Provincia.

PROCESO SELECTIVO PARA A COBERTURA EN PROPIEDADE DUNHA PRAZA DE ARQUITECTO/A, FUNCIONARIO/A DE CARREIRA, CONTIDA NA OPE 2022

Por esta alcaldía con data 31 de marzo de 2023 ditouse resolución de aprobación das bases e a convocatoria de concurso-oposición para a praza de arquitecto/a incluída na oferta de emprego público do Concello de Brión do ano 2022.

O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación da convocatoria no Boletín Oficial do Estado. (Dende o 12 de xuño ao 7 de xullo de 2023)

OBRIGA DE DESBROCE E LIMPEZA DE TERREOS E SOLARES PARA A PREVENCIÓN CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS

Para o cumprimento da Lei 7/2012 do 28 de xuño de Montes de Galicia, do Capítulo VI da Lei 9/2017 de 26 de decembro, e da Lei 3/2007 do 9 de abril, de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais de Galicia, recordase que:

PRIMEIRO. As persoas propietarias de terreos e solares, independentemente do tipo de solo, TEÑEN A OBRIGA DO SEU MANTEMENTO E LIMPEZA, DURANTE TODO O ANO, E EN ESPECIAL ANTES DO 30 DE MAIO DE CADA ANO, data na que comeza a época de perigo de incendios.

EXPOSICIÓN PÚBLICA DO CENSO ELECTORAL POLAS ELECCIÓNS LOCAIS DE 2023

Con motivo da convocatoria de Eleccións Locais que terán lugar o próximo día 28 de maio de 2023 o Concello de Brión expón ao público, para consulta e presentación de reclamacións, o censo electoral elaborado pola Oficina do Censo Electoral, durante o período de exposición do 10 ao 17 de abril de 2023, ambos inclusive.

Subscribe to